Un roteiro polo monte Aloia en Tui

Un roteiro polo monte Aloia en Tui

10 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Para o domingo 14 de marzo, a asociación Tarandeira de Ordes propón unha saída de sendeirismo ao primeiro parque natural de Galicia (ano 1978), o Parque Natural do Monte Aloia, sito no concello de Tui (serra do Galiñeiro). Proponse unha completa xornada de contacto coa natureza.

A saida realizaráse ás 08:00 horas dende a alameda de Ordes en autobús de Autos Raposo procedente de A Coruña. O retorno calcúlase para chegar a Ordes sobre as 21:00 horas. O roteiro é de dificultade media, e o prezo é de 12 € paras os socios/as e 15 € para os non socios/as. Para anotarse, chamar ó 690038625 (Paz) e pagamento do prezo na c/c 2091-0382-15-3000034118.
Consellos: Calzado de montaña, vara de sendeirismo, cámara de fotos e mochila coa merenda.
Para máis información, tlf. 690038625 (Paz) ou no local social os mércores e venres de 21:30 horas ata 22:30 horas.

Sociedade