Un salto a Braga

Un salto a Braga

12 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A 185 quilómetros de Santiago de Compostela atópase Braga. A cidade portuguesa presentou este mediodia na capital de Galicia, o seu programa das festas do San João. As actividades prolongaránse dende este domingo 14 de xuño ata o mesmo dia 24. Aproveitando a visita os concelleiros de Promoción Económica de Santiago Xose Manuel Iglesias e de Braga Ana Paula Morais, asinaron un protocolo que abre a porta a futuras colaboracións.

Dentro do programa festivo, os representantes de Braga fixeron fincapé no XX Encontro Internacional de Xingantóns e Cabezudos que terá lugar este domingo a partir das catro e media da tarde. Agardase a participación de máis de 1000 figurantes procedentes de Portugal e doutros paises. Xa o dia 23, desemvolveráse a cerimonia solemne da apertura oficial das festas da cidade, coa participación de máis de 20 grupos e bandas de música.

O protocolo asinado este medioida ten como obxectivo intercambiar experiencias en materia de dinamización empresarial e turística coa finalidade de deseñar accións para un máis efectivo desenvolvemento das economias locais. O Concello e a Cámara comprométense a iniciar unha relación de cooperación técnica e intercambio de boas prácticas co obxecto do lanzamento de novos proxectos nos ámbitos da promoción económica e turismo.

O turismo portugués é un obxectivo prioritario para o sector turístico de Santiago. Neste mercado, Braga é unha das cidades máis importantes, pola cercania, pola poboación da súa área metropolitana que ronda os 800.000 habitantes.

Sociedade