Un sistema para controlar o ordenador mediante os movementos corporais gaña a “Galiciencia”

Un sistema para controlar o ordenador mediante os movementos corporais gaña a “Galiciencia”

27 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O dispositivo iKinect, que permite controlar o ordenador cos nosos propios movementos sen necesidade de usar o rato e o teclado, foi o gañador absoluto da “Galiciencia 2011”. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Martín Alvarez, Adrián González e Luis Rodr&ia

As gañadoras na categoría de 1º ciclo ESO, Mariana Cabaleiro Lago e Claudia Gómez Pérez, do Colexio Alborada de Vigo, estudaron os diferentes tipos de fentos que se poden encontrar ao longo da ruta polo río da Fraga. O resultado final é un cartel cos datos destes fentos situados nas distintas zonas, así como unha breve descrición para que o camiñante poida ir identificando estas especies.

Na categoría de Bacharelato resultou gañador o proxecto Zambuseta Laboratories, unha agrupación que se dedica á construción e deseño de electrónica programable formada por Carlos Almuíña Varela e Pablo Dobarro Peña, do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela). Este tipo de circuítos pódese atopar en case calquera aparato doméstico, reloxos, lavadoras, aires acondicionados, termómetros, etc. Os membros do grupo recrean estes obxectos e outros novos de maneira aberta para que todo o mundo poida entender o seu funcionamento interno e adaptalos ás súas necesidades. O proxecto conta con canal propio en YouTube.

Cada un dos membros dos tres equipos gañadores levou un tablet portátil que no caso do primeiro premio absoluto se completa co financiamento da viaxe á Exporeçerca, a feira científica de ámbito estatal que se celebra en Cataluña.

Sociedade