Un típico pazo barroco

Un típico pazo barroco
28 de Xullo, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa Grande de Cabanas. 1672.

Na coñecida como Casa Grande de Cabanas danse cita varios aspectos de interese para o estudo do pazo barroco. Edificouse entre os anos 1669 a 1672. Promovenuno o que logo sería arcebispo de Santiago Francisco das Seixas Losada. Construiu o cántabro Toribio de la Vega. Francisco das Seixas destacou pola súa elocuencia, e foi predicador do rei Felipe IV. Encargoulle a construción ao mestre canteiro Toribio de la Vega, veciño de San Vicente de la Barquera en Santander. Xa fixera en Pontedeume a capela das Virtudes. Na Casa Grande de Cabanas, Toribio ocupouse dos deseños e da dirección dos traballos. O monumental Pazo cunha planta baixa e duas superiores ofrece unha sobria e austera imaxe. Nin a fachada principal rompe esa sobriedade xeral, da que só se aparta a portada adintelada entre pilastras, segundo recolle o profesor Jesús Sánchez na revista Cátedra.

 

(Fotografía de Bieito Arias)

Cultura

Publica o teu comentario agora