Un Valdoviño co vento de cola derrota ao Maniños (2-0)

Un Valdoviño co vento de cola derrota ao Maniños (2-0)

23 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un Maniños impreciso caeu derrotado en Valdoviño, a pesar de dominar territorialmente durante boa parte do encontro. O equipo local meteu o primeiro gol no minuto 16. A partir de ahí, o conxunto de Angel Mahía foi superior pero non estivo fino nos últimos tramos diante da portería contraria.


O Cultural Maniños non foi quen de materializar as ocasións de gol creadas. O primeiro tanto do Valdoviño fíxolle moito dano ao conxunto de Fene. Iso a pesar da adaptación ao terreo de xogo, do equipo do Pote, segundo o seu adestrador Angel Mahía. O segundo gol chegou xa nas postrimerías do encontro.

 


Deportes