Un veciño de Cabanas, desaparecido dende o martes

Un veciño de Cabanas, desaparecido dende o martes

30 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Cabanas - A Coruña- busca a un veciño que non volveu á casa dende o martes pasado. No seu taller deixou unha nota que poñía "perdón" e non se soupo máis nada. Todas as forzas de seguridade e os veciños búscano polo entorno da sua casa.  

Membros de Protección civil de Fene colaboran na búsqueda do veciño de Cabanas,  Domingo Alvarez, desaparecido da sua casa, na zona da Pena do Castro, dende o martes ás 4,30 da tarde. Non se trata de ningun enfermo de alzeimer nen nada parecido, a sua saúde é perfecta.

O home deixou unha nota no taller que ten na casa na que pedía "perdón". Garda civil, protección civil e policia local e veciños de Cabanas, participan na sua busqueda. Esta mañán dispersáronse por diferentes zonas, segundo nos comunican dende protección civil. Uns siguen buscando nos arredores da sua casa, onde vive coa sua muller. Mergulladores da Garda Civil buscan na presa de Vendín, e protección civil de Fene, pola zona do Belelle. Outros colocan carteis do desaparecido pola zona. Segundo a familia, Domingo levaba posto un chuvasqueiro verde no momento da desaparición. 

O teléfono da Policia Local de Cabanas  650 780 123 é un dos que se facilitan para a colaboración cidadá.

Sociedade