Unanimidade para pedir a permanencia de Banesto en Castro de Rei

Unanimidade para pedir a permanencia de Banesto en Castro de Rei

30 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Diante duns cincuenta veciños que ateigaban o salón, o pleno extraordinario de Castro de Rei, convocado para definir as accións de presión para conservar a sucursal de Banesto na vila chairega, acordou instar á institución bancaria a prorrogar indefinidamente o traslado da oficina e establecer unha comisión política, integrada por representantes das catro forzas políticas do concello (PSdeG-PSOE, PP, BNG e TEGA) e polo alca

Todos os membros da corporación municipal castreña chegaron a unha conclusión unánime: a decisión de Banesto de retirar a oficina fará dano á vila chairega, dado que é a única sucursal bancaria existente no núcleo urbano. É especialmente problemática en tanto, como dixo o alcalde, o socialista Juan José Díaz Valiño, “é un momento de avance na vida económica da zona, xa que temos aprobado no PXOM a construción dun Centro de Día e un Polígono Industrial”. O propio Valiño, sen embargo, revelou que, tras unha reunión con membros do banco, estes admitiron que a decisión xa estaba tomada e era irrebocable.

 

A pesar de todo, continuarán cos seus actos de presión. “Este é un problema económico e a resposta debe ser tamén neses termos”, estableceu o voceiro popular Francisco Balado, que esgrimiu a posibilidade de empregar o Centro de Día como arma para convencer aos responsables de Banesto. “Pódese tentar de chegar a un acordo con Mensaxeiros da Paz, entidade que xestionará o xeriátrico, para que as contas que se abran se fagan nesta sucursal, ao igual que todos os pagamentos”, opinou Balado.

Para o seu irmán, o nacionalista Xurxo Balado, “económicamente debería ser merecedora dun estudo mais concreto, polo gran número de contas de aforro e pasivos que teñen nesta sucursal e que agora se irán para outros concellos limítrofes”. Desde o BNG tamén se instou a que tódalas accións se fixesen en común, para “que se vexa a unidade que hai neste tema en Castro de Rei”. Esta mesma unidade amosouse na votación na que todos estiveron de acordo en pedir unha prórroga ao traslado e na creación dunha comisión política municipal para alcanzar unha reunión con Banesto.

Unha vez rematado o pleno, os representantes municipais e os veciños de Castro de Rei concentráronse diante da oficina do banco dirixido por Patricia Botín.

Sociedade