ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Unha lectura plausible é que Extraordinario sexa unha alegoría da transición, da loita pola liberdade” afirma Antón Lopo sobre a súa última novela publicada por Editorial Galaxia. O escritor tamén indica que “a diversidade é o principal nemigo da extrema dereita” ao tempo que reivindica o uso da lingua galega: “o único lugar trascendental que podemos habitar é o idioma”.
“Moncha arelaba vivir na cidade e embelecábana os escaparates, as rúas anchas, os cines, as salas de festa… Non paraba de preguntarme e eu, que non me fixaba nas salas de festa, reinventaba para ela unha cidade máis próxima ao Londres dos Invencibles de Némesis que á realidade. Unha noite, sen saber como, enleamonos coa restra dos costumes das rapazas na cidade e acabamos xuntos na miña cama, apalpandonos”
E un fragmento da novela de Antón Lopo “Extraordinario”. Falamos dela no club de lectura de Radio Fene Radiofusión con Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira.
Unha novela sobre as relacións familiares e o amor, a liberdade e o pracer. Extraordinario, premio narrativa breve Repsol 2018 e premio da narrativa en galego da Asociación Española de Críticos Literarios 2019.
Publica o teu comentario agora