Unha ampla oferta deportiva

Unha ampla oferta deportiva
07 de Setembro, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Tiro con arco, balonman e xadrez son as novidades na oferta deportiva do Concello de Fene para o novo curso. Falamos da programación das escolas deportivas municipais co concelleiro de Deportes, Adán Chao.

O Concello de Fene ofrece a posibilidade de practicar deporte a máis dun milleiro de persoas, tanto a menores como a adultos en máis dunha vintena de actividades. Son en total 1.118 prazas, a maioría quedaron reservadas do anterior curso e quedan 225 para inscribirse en setembro. Ademais da posibilidade de practicar tiro con arco, balonmán e xadrez, as escolas deportivas municipais de Fene ofrecen baloncesto, atletismo, pilates, zumba, natación, patinaxe, karate, judo, ximnasia rítmica, acondicionamento físico, pequedeporte, educación física contra a fatiga oncolóxica, etc. O prazo de matrícula será entre os días 8 e 21 de setembro.

Institucional

Publica o teu comentario agora