Unha axuda para os Reis e o medioambiente

Unha axuda para os Reis e o medioambiente
03 de Decembro, 2020 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Chega o tempo das cartas ao afastado Oriente de miles de nenos e algúns que xa non son tan cativos. Chega o momento das compras de Nadal. Dende 4 Eco Narón propoñen este ano, alternativas sustentables para estas datas tan sinaladas.

ESCOITA O PODCAST:
Buzón de nadal de 4Eco Narón

O primeiro do que fala a dona da tenda, Margarita Rodríguez, é do apoio ao comercio local. Este tempo foi moi complicado para todos eles e agora necesitan da axuda dos seus veciños e veciñas. Nas tendas da localidade pódese atopar unha gran variedade de produtos, dende a roupa máis exclusiva ata xoguetes artesáns. Ademais, o desprazamento pode facerse a pe, polo que o impacto ecolóxico é menor.

Centrándonos en 4EcoNarón, os agasallos respectuosos co medio ambiente non son só para os máis pequenos. Tamén teñen cabida os presumidos da casa, por exemplo, xa que o sector da cosmética ecolóxica está en auxe. Non se fala de xabóns ou champús, que tamén, se non dunha ampla gama de aceites, sombras de ollos ou cremas.

Esta é unha alternativa para todo aquel que así o desexe, mais non é todo. 4 Eco Narón creou este ano a súa correspondencia persoal cos Reis e co Apalpador. A xente pode deixar alí un xoguete que, despois de pasar unha corentena e unha desinfección, irá a parar a outra familia que lle de unha segunda vida. O máximo expoñente da solidariedade coas familias e co planeta, pero a resposta non está sendo a esperada.

Nestas datas comeza a compra de agasallos para os máis pequenos e para os máis grandes, pero imos ver se o podemos facer de maneira sustentable.

Sociedade

Publica o teu comentario agora