Unha caixa multimedia situada permitirá gravar ás opinións sobre a UE aos cidadáns de Santiago

Unha caixa multimedia situada permitirá gravar ás opinións sobre a UE aos cidadáns de Santiago

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O rexedor municipal de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, animou hoxe a que os compostelanos e os galegos en xeral participen na 'Vox Box' instalada no paseo central da Alameda da capital galega. Concretamente, terán a posibilidade de para gravar unha mensaxe no que expresen a clase de Europa que desexan ter de cara &aa

Bugallo inaugurou hoxe a caixa multimedia xunto co director da oficina do Parlamento Europeo en España, Ignacio Samper, que explicou que permitirá aos cidadáns rexistrar "unha mensaxe do tipo que queiran cara a Europa" que se enviará ao Parlamento Europeo e aos grupos políticos "traducido nos diferentes idiomas". En total serán 36 caixas que se están a instalar en distintas cidades dos 27 países da Unión Europea e en espazos públicos destacados, que contan ademais cunhas pantallas nas que se reproducen as mensaxes gravadas nos diferentes territorios. O director da oficina do Parlamento Europeo, Ignacio Samper, explicou que se fará unha selección de mensaxes de cidadáns de Santiago que se escoitarán nas seguintes cidades ás que vaian as caixas, de países como Italia, Suecia ou Eslovenia.

O obxectivo é o de "implicar" aos cidadáns na campaña de cara ao "voto nas eleccións do 7 de xuño" e concienciar de que "teñen a posibilidade de escoller como será Europa e as súas fronteiras". Así o recolle o lema desta campaña, 'tu eliges', en alusión á "necesidade de participación" no proceso electoral e "amosar a posibilidade de escoller en temas como emigración e enerxía, conciliación da vida laboral e familiar, e política do consumidor".

 

 

Sociedade