Unha carta para quitar o franquismo das rúas

Unha carta para quitar o franquismo das rúas
18 de Decembro, 2020 - 01:31 h. | Publicada por Radio Fene

Un conxunto de presas políticas de Ferrol na ditadura escribiulle unha carta á ministra de Defensa, Margarita Robles, para protestar polos símbolos franquistas que aínda quedan nesta cidade. Só en Ferrol hai 47 símbolos deste movemento.

Presos políticos da ditadura

A Lei de Memoria Democrática prohibe actividades de exaltación e enaltecemento da ditadura. Iso non impide que, por exemplo, varias rúas do Arsenal Militar leven o nome de significados militares golpistas. “É unha ofensa á democracia e ás 714 persoas asasinadas polo franquismo na comarca de Ferrol”, afirman na carta.

No caso do Arsenal, teñen o apoio do “Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas”. Dentro do exercito, atoparon respaldo para retirar esas placas que cualifican como unha “exaltación colectiva da sublevación militar e da Guerra Civil”.

Hai símbolos en rúas, igrexas e hospitais. Juan Cardona foi un golpista,  indica este colectivo. Chama particularmente a atención a igrexa castrense de San Francisco en Ferrol. En pleno 2020 sigue lucindo unha cruz en honor dos golpistas falecidos co lema “Caídos por Dios y por España”. Tamén ten sinalizada a pía onde foi bautizado o ditador Franco.

Dende o seu colectivo piden que se retiren estes símbolos o antes posible. Poñen de exemplo de Extremadura ou Aragón, comunidades autónomas nas que está dobremente prohibido por lei manter símbolos franquistas, sexan do tipo que sexan.

Que pasaría en Alemaña ou Italia se as rúas levaran nomes de Hitler ou Mussolini? Eles pregúntanse o mesmo. Para as xeracións futuras non se pode continuar co enaltecemento da ditadura, segundo afirman.

Sociedade

Publica o teu comentario agora