Unha corporación en pé contra o feminicidio

Fene adhírese ao convenio coa Xunta para xestionar as multas da covid19
04 de Decembro, 2020 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno de Fene gardou un minuto de silencio polo feminicidio de Gondomar. Soledad Rey é a terceira víctima galega da violencia machista do ano 2020.

ESCOITA O PODCAST:

Cun minuto de silencio e toda a corporación en pé. Así empezou o pleno de Fene correspondente ao mes de decembro. O xesto foi polo asasinato dunha muller de Gondomar, Soledad Rey, a mans do seu home. A sesión descurriu despois cos datos económicos da facenda municipal, o plan anual e o control financieiro, que foron aprobados por unanimidade. Tamén respaldaron todos os grupos a moción conxunta apoiando a paralización dos traslados dos traballadores da Central térmica de As Pontes.Os traballadores defenden que, mentres non se peche a central, todos son necesarios, o mesmo que os traballadores do porto. No texto, que o concello remitirá á empresa, explícase que se desaparece a central, desaparece unha comarca enteira.

Tamén aprobou o pleno de Fene adherirse ao convenio entre a FEGAMP e a Xunta de Galicia polo que será o organismo autonómico o encargado de xestionaras multas pola Covid19 a todos os concellos que se adiran, mentres siga vixente a alarma sanitaria. Segundo explicou o alcalde, Juventino Trigo, desde que a policía multa a unha persoa, se tramita esa infracción (sempre relacionada coa covid19) á Xunta de Galicia. Alí se resolve e reenvía ao concello para que este o asine. A Unidade Tramitadora creada pola Xunta engárgase da tramitación e do cobro da multa. Todas as denuncias que están pendentes de resolución desde o mes de xuño de 2020, entrarán neste convenio que entrará en vigor o 15 de decembro.

O pleno rematou cos rogos e preguntas do PP. Ata 27 cuestións trasladou o grupo da oposición ao goberno. Preguntouse polo POS 2021 e si se lles tería en conta as súas propostas. Interesáronse polos Orzamentos do 2021 “porque xa estamos en decembro e aínda non se reuniron coas sociedades do concello” afirmou a portavoz do grupo popular, Rocío Bértoa. Bértoa interesouse tamén polos pequenos autónomos e hostaleiros, propoñendo a exención do canon da auga. Trigo contestoulle que eximilos dos 7 euros que pagan ao mes polo servizo da auga non vai a solucionarlles a vida e engadiu que ningún dos 93 concellos da provincia xestionou de momento ningunha axuda a este colectivo.

Institucional

Publica o teu comentario agora