Unha cova moi interesante

Unha cova moi interesante

22 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

"É unha cova moi interesante no seu conxunto" afirma o arqueólogo municipal de Mondoñedo Abel Vigo referíndose á cova do Rei Cintolo, a cova máis grande de Galicia que esta fin de semana iniciou o programa de visitas guiadas no 2012. O interior deste singular monumento natural está máis seco do habitual nesta época do ano, pola escasez de choivas no pasado mes de marzo.

Os máis de 6.000 metros de galerías do Rei Cintolo, preséntanse como o complexo kárstico máis grande de Galicia. Estalactitas, estalagmitas, columnas, coladas, bandeiras, un lago, son algunhas das formacións que se contemplan na visita da cova, que se pode realizar os venres ás 17 horas e os sábados ás 12 e ás 17 horas. O prezo ascende a 15 euros por persoa, debendo realizarse a reserva previa no teléfono 982 507177.

A cova foi descuberta ao mundo científico por José Villaamil, que en 1873 publica o primeiro plano. Reabriuse no 2006, con percorridos turísticos de unha hora e cuarto, que a convertiron no atractivo máis singular da comarca para moitos visitantes.

 

 

Sociedade