Unha de cada dez mulleres sofre violencia física

Unha de cada dez mulleres sofre violencia física

26 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou no Pazo do Hórreo a través dunha proposición de Lei, regular unha prestación económica “de carácter periódico” para as mulleres que sofren violencia machista incluíndo ás mulleres “vítimas de trata”. A iniciativa acadou o acordo unánime da C

A deputada popular, Rosa Oubiña  anunciou o voto favorable ao texto nacionalista, baixo a modificación dos puntos relativos a  unha regulación, semellante a RISGA, para solicitar a prestación económica “en calquera momento do ano” e introducir ás mulleres vítimas de trata nesta prestación económica, modificación que a nacionalista aceptou.

Carme Adán concluíu a súa intervención afirmando que “cada paso que damos, cada acordo ao que chegamos resulta crucial” porque hai trinta anos non se nomeaba a violencia de xénero e hoxe “estamos lexislando” e tomando medidas para erradicala.

A proposición de Lei do BNG continúa agora o seu trámite parlamentario para a súa aprobación.

Institucional