Unha de monicreques

Os Monicreques de Kukas levan a Perlío "O encoro enmeigado" unha obra de respecto polo medioambiente
20 de Decembro, 2018 - 08:24 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía de títeres de máis experiencia en Galicia visita Perlío. Presentarán o seu espectáculo este sábado 22 de decembro ás seis da tarde no Círculo de Perlío.

Os Monicreques de Kukas protagonizan a obra "O encoro enmeigado" (Nas Fragas do Eume). O espectáculo «ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da natureza e o compromiso co coidado do noso contorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques». A posta en escena corre a cargo de Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey. Está recomendado a partires dos 2 anos.

Cultura

Publica o teu comentario agora