Unha desaparición planetaria

Unha desaparición planetaria

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os autores de “La leyenda del espacio” cancelan a súa axenda de concertos aducindo un reaxuste no seu calendario de gravación para o vindeiro álbum, que se estenderá máis tempo do previsto. Así as cousas, os responsables do Festival do Norte reembolsarán o diñeiro das entradas a aquelas persoas que así o desexen. O prazo para recuperar os cartos remata este venres. En calquera caso, o elenco de concertos, con bandas como La Buena Vida ou Love of Lesbian, segue sendo atractivo e a organización anuncia que o grupo de J e Florent será substituido por outro que satisfará aos afeccioados.

Cultura