Unha eclipse solar despedirá o inverno de 2015

Unha eclipse solar despedirá o inverno de 2015

19 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O inverno comezará na medianoite deste domingo ao luns, exactamente o día 22 de decembro ás 00:03 horas, e prolongarase ata o 20 de marzo ás 23:34, segundo informa o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Angel Docobo, para quen “sen dúbida” o fenómeno astron&oacut

O inicio do inverno correspóndese co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose nese intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) que provoca que sexa o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas. Porén, dado que a hora oficial non está baseada exactamente no Sol, senón no chamado Sol Medio (punto ideal que percorre o Ecuador Celeste con velocidade constante), as mañás aínda minguarán ata despois de Reis en tanto que as tardes xa comezaron a medrar desde o pasado día 7.

Nesa estación, a máis curta do ano con 89 días, poderase ver a choiva de estrelas Cuadrántidas –cun máximo o día 3 de xaneiro– e visualizar os planetas Mercurio, Venus e Marte ao oeste logo do solpor aínda que o primeiro deles pasará ao amencer desde finais de xaneiro. Pola súa banda Xúpiter, que está saíndo estes días sobre as 22.00 horas, poderá verse cada vez máis cedo segundo avance a estación. Saturno, visible agora no leste antes do amencer, deixará de verse na segunda parte da noite ao longo do inverno.

Para Docobo foi este un outono “de contrastes polo menos na zona de Compostela”. Os últimos días de setembro en Santiago foron secos; outubro destacou polas elevadas temperaturas rexistradas sobre todo na segunda quincena con sete días con máximas por riba dos 25 graos; novembro foi chuvioso (medíronse 344,7 litros/m2 en 24 xornadas) e en decembro produciuse moita menos precipitación pero con ceos cubertos e algunha orballada.

En total, a cantidade de choiva recollida co pluviómetro do Observatorio Astronómico Ramón María Aller nesta estación que remata estivo preto dos 600 litros/m2, un 23% menos que no outono de 2013 e lonxe dos 1.337,6 l/m2 en 2006, situándose incluso un pouco por baixo da media dos outonos dos últimos 30 anos en Santiago.

Sociedade