Unha fumareda provoca o desaloxo dun instituto na Coruña

Unha fumareda provoca o desaloxo dun instituto na Coruña

22 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un instituto da Coruña foi desaloxado na mañá deste mércores debido a unha densa fumareda causada pola mala combustión dunha caldeira, pero non houbo persoas afectadas. Os feitos sucederon sobre as 8,20 horas no Instituto Ánxel Casal, situado no Paseo Marítimo, no barrio de Monte Alto. Os Bombeiros da Coruña recibiron o aviso do 112 por unha fumareda no centro educativo.

   Ao chegar ao lugar, os bombeiros comprobaron que o persoal do centro aplicara o plan de evacuación do instituto e constataron que non había incendio, senón que se trataba da mala combustión da caldeira.

   Así o confirmou o director da área de Seguridade e Mobilidade do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, que afirmou que "non pasou nada". Así, confirmou que se rexistrou "moito fume", pero non chegou a haber incendio.

Sociedade