Unha gaita soando para o mundo

Unha gaita soando para o mundo
08 de Xullo, 2020 - 12:18 h. | Publicada por Radio Fene

A gaiteira Susana Seivane ofrecerá dous concertos en streaming en colaboración coa Ponte dos Concertos.

Como moitos outros artistas, Susana Seivane está a ver comprometida a súa axenda de concertos neste 2020. É por iso, que decidiu exportar a fórmula que empregou durante o confinamento, cando cada día se conectaba a través das suas redes sociais para ofrecer unha peza desde o seu balcón.

Serán dous concertos coa súa banda, un para todo o continente americano que se celebrará o día 25 de xullo (a pesares de que aquí xa será día 26 ás 01.00 h) e outro para o resto do mundo que se celebrará o propio día 26 de xullo ás 21 h. Será posible grazas á Ponte dos Concertos, unha iniciativa pioneira en Galicia, que se encargará da venda das entradas e da realización audiovisual do concerto.

O prezo será de 10 euros e pódense mercar a través de www.apontestudio.com; podéndose visualizar só en tempo real e tendo habilitado un chat para poder comunicarse coa artista mentres ofrece os conciertos.

Cultura

Publica o teu comentario agora