Unha galega nos Alpes

Unha galega nos Alpes

03 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O novo primeiro ministro francés, Manuel Valls, naceu en Barcelona. A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, naceu en San Fernando en Cádiz. E nas pasadas eleccións municipais en Francia tamén resultou elexida unha muller natural de Mugardos e que viviu na súa infancia en Fene, Manuela García Pena Rambaud.

Vive en Le Russey, un pequeño concello dos Alpes franceses, na zona fronteiriza con Suiza, onde resultou elexida concelleira e tenente de alcalde nas pasadas eleccións municipais nunha lista de progreso, liderada polo alcalde, Giles Robert. A segunda volta das eleccións foron o pasado domingo neste concello de 2.222 habitantes. Manuela garda recordos moi felices da súa infancia en Fene, segundo confesóu.

O Mont Blanc e os Alpes franceses son o lugar máis bonito do mundo, segundo palabras da concelleira de Le Russey. O seu povo vive do turismo, no inverno do esquí e no verán do sendeirismo. O estatus económico da rexión é moi próspero e alí non se nota a crise, a xente ten traballo, segundo Manuela García, dende o pasado domingo tenente de alcalde de urbanismo, desenvolvemento económico e persoal de Le Russey. O prezo para alugar unha casa para 15 persoas ao longo dunha semana oscila entre os 800 e os 2000 euros, segundo a tempada, segundo indicou García Pena. 

Sociedade