Unha gran churrascada para abrir boca

Unha gran churrascada para abrir boca
11 de Outubro, 2018 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

Unha gran churrascada abre as actividades da comisión de festas de Maniños 2019. Organizan unha cea o venres 26 de outubro para recaudar fondos para os festexos. A xente interesada pode formular a correspondente reserva no local da asociación O Pote ou en diferentes establecementos da parroquia. Traballan para organizar o Carme (14 de xullo) o San Salvador (6 e 7 de agosto) e a romaría do Pote (26 de agosto).

ESCOITA O PODCAST:
Jesús Marcos e Carlos Montero. Dous dos trece integrantes da comisión de festas de Maniños 2019

Forman a comisión Marcos Rivera, Nieves Rey, Javier Lorente, Gloria Pérez, Jesús Marcos, Carlos Montero, Adrián Pérez, Jorge Rodeiro, Victor Terrada, Juan Rañales, Ignacio Marcos e Tonucho.

Case cen anos

Xente de Maniños percorreu en 1923 a parróquia solicitando colaboración económica para adquirir os terreos para o campo da festa. Adquiriron seis ferrados no lugar do Pombal e constituiron o embrión da Sociedade de Amigos das Arbores, logo Sociedade O Pote. Nestes 2018 e no 2019 tamén un grupo de xente percorrerá a parroquia solicitando a colaboración para as festas.
A primeira romería do Pote celebrouse o 17 de setembro de 1933. Ven celebrandose dende aquela, tendo un carácter peculiar, ao non estar adicada a ningún santo. Música e festa volverán a Maniños polo Carme, o San Salvador e polo Pote no 2019.

Sociedade

Publica o teu comentario agora