Unha Iniciativa Lexislativa Popular quere velar pola sanidade pública

Unha Iniciativa Lexislativa Popular quere velar pola sanidade pública

20 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Plataforma pola defensa da sanidade pública presenta esta tarde en Santiago a Iniciativa Lexislativa Popular que posteriormente elevará ao Parmento Galego avalada, como mínimo, con 15.000 sinaturas. O próximo xoves dia 27 de outubro a Plataforma convoca concentracións en todas as cidades. A cita en Ferrol será ás 8 na Praza de Armas.

O representante da Plaforma na comarca, Miguel López, referíuse á algúns dos reveses máis graves na área sanitaria de Ferrol; a retirada do Plan de mellora na Atención primaria por parte do actual goberno galego. Ferrol queda sen 60 novas prazas de persoal sanitario que estaban comprometidas.
Outro revés é a paralización das reformas no Hospital Naval que ían supor un investimento de 63 millóns de euros no prazo de 3 anos. Todo iso foise ao garete, segundo Miguel López.

A Plataforma pola defensa da sanidade pública opónse, coas movilizacións anunciadas, aos recortes e ao modelo de financiamento privado que a Xunta introduce na construcción e xestión dos centros de saúde e hospitais públicos.

Sociedade