Unha lei moi contestada

Unha lei moi contestada

10 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE, vai ser aprobada hoxe no Congreso grazas á maioría absoluta do Partido Popular que aproveita a súa volta ao Goberno central para tirar abaixo a última reforma do Partido Socialista e impor o seu modelo para o ensino sen necesidade de chegar a acordo ningún co resto de forzas do Parlamento. Tan unilateral é esta mudanza dun dos piares esencias do Estado que xa existe un compromiso manifestos da ma

Logo de que a lei defendida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pase o trámite de hoxe, irá ao Senado, onde tamén será sometida a debate previo a súa ratificación. Entre outras cuestións, a LOMCE destaca por fixar o castelán como lingua vehicular do ensino en todo o Estado, aumentar as horas de docencia de relixión e fixar avaliacións finais que o alumnado debe superar ao remate de cada etapa educativa.
A nova reforma vai ser saudada cunha xornada de folga xeral no ensino que en Galicia vai ter algunha característica particular. E é que as principais organizacións nacionalistas de estudantes veñen de presentar un manifesto e a súa propia convocatoria de paro nas aulas para o día 24 de outubro. O chamamento, asinado por Agir, Comités e a Liga Estudantil Galega amosa unha vontade de afastamento das liñas marcadas polos sindicatos estatais e a oposición á LOMCE e aos recortes no ensino, mais facendo fincapé na problemática particular do estudantado galego.
Os sindicatos de estudantes denuncian que cada vez custa máis diñeiro estudar e desbotan que se teñan que aplicar na universidade fórmulas como as promovidas nalgún centro fóra de Galicia consistentes no mecenado particular de estudantes sen recursos.

Sociedade