Unha liga sen favoritos

Unha liga sen favoritos
13 de Setembro, 2019 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga da Segunda Galicia de fútbol comeza esta fin de semana. Cultural Maniños e Perlío parten como equipos de maior potencial, aínda que os dous queren fuxir da etiqueta de favoritos. Todos os partidos van ser difíciles e hai que xogalos.

O Cultural Maniños quere volver á Primeira Galicia de fútbol

O Maniños visita ao Capela no campo dos Calzados. Arbitra Rubén Díaz. O Perlío recibe ao Numancia de Ares nos Pinares baixo a dirección de Francisco Piñón. O Barallobre e O Pote xogan no campo do Ramo. Todos os partidos comezarán ás seis da tarde deste domingo.

Os catro equipos de Fene xogan a primeira fase do grupo 3A de Ferrol.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora