Unha mensaxe de calma

Unha mensaxe de calma
23 de Marzo, 2020 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene adaptou as súas prestacións sociais á nova situación creada polo coronavirus. O servizo de axuda no fogar préstase como sempre e amplíase cunha atención especial ás persoas máis vulnerables, achegándolles aos seus domicilios todo o que precisen. 

ESCOITA O PODCAST:

Os Servizos Sociais de Fene tiveron unha semana moi estresante para adaptarse á nova situación na que as persoas que atende son máis vulnerables que as demais. Antes da crise atendíanse 105 persoas e tiñan 40 en lista de agarda. Ao chegar a crise do coronavirus 22 persoas cesaron a prestación da atención a domicilio porque se fan cargo as familias. Neste momento os Servizos sociais poñense a disposición das persoas que xa teñen axuda a domicilio e das 40 que estaban en lista de agarda para calquera tipo de recado relacionado con necesidades básicas. Esta medida é extensible a calquera persoa  que o precise. Protección Civil colabora nas entregas a domicilio de alimentos e medicamentos a persoas coa mobilidade reducida. O Servizo de Axuda no Fogar está atendido por tres empregadas municipais e 35 da empresa que sigue realizando o seu traballo a domicilio, equipadas con protección especial para evitar contaxios.

O personal de Servizos Sociais traballa no centro de San Valentín e desde a casa pero sigue prestando todos os sevizos e máis, que antes do coronavirus. A Fundación Amigos de Galicia era a encargada de suministrar ao concello comida e outros productos a 40 familias que os precisaban. Neste momento non pode ser así pero o concello vaino suplir coa entrega de vales de compra a estas familias para que poidan acceder aos supermercados e adquirir os alimentos e productos de hixiene que necesiten. A nova situación estará lista mañá martes ou o mércores, en palabras da concelleira responsable da área, Mª Carmen Martínez. Estes vales fanse extensibles a todas as familias que estén pasando por unha situación límite. Só teñen que poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais.

O número de atención ás mulleres continúa operativo as 24 horas e o contacto e colaboración da Garda Civil sigue a ser moi estreita cos Servizos Sociais. Se ten que dar unha mensaxe, Mª Martínez, pide “calma” porque ningún veciño ou veciña que o precice quedará sen atender. Todos os teléfonos están operativos. Tamén os da Garda Civil e Policía local. As traballadoras sociais fan todo o que está na súa man, conclúe Martínez.

Teléfonos:

Centro Municipal de Servizos Sociais -981 492 706 / 981 342 607 / 607 616 840- ou enviar un correo a servizos.sociais@fene.gal.

Policía Local -981 492 777

Protección Civil -663 379 073 (de 7.30 e as 21.30h)

Institucional

Publica o teu comentario agora