Unha monografia sobre as Políticas para a Muller

Unha monografia sobre as Políticas para a Muller

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Políticas de Igualdade, Traballo e Conciliación”. Ese foi un dos temas abordados no Seminario organizado polo Instituto de Estudios Políticos e Sociais en outubro do 2008 na Coruña. Esta tarde o concelleiro de Cultura de Culleredo e presidente da entidade Celestino Poza presenta a monografia dos citados encontros.

O  acto contará coa participación de D. Celestino Poza Domínguez (Presidente da Fundación IEPS), Dna. Purificación Arija Val (Directora do Seminario e Vicepresidenta de Interior da Fundación IEPS) e Dna. María Pilar García Negro (Profesora Titular de Filoloxía Galega e Portuguesa da USC). Presentaráse a publicación hoxe mércores, ás 20:00 horas na Aula de Cultura de Caixa Galicia, Médico Rodríguez, 2 - A Coruña.

Sociedade