Unha moreira e unha cerdeira

Alumnado dos centros escolares de Fene comezan as prantacións para conmemorar o Dia da Árbore
25 de Marzo, 2019 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene, a través da Concellería de Ensino, conmemorará ao longo desta semana o Día da Árbore promovendo diversas plantacións nos centros educativos da localidade e outros espazos públicos.

Esta mañá inaugurábase o calendario no CEIP Plurilingüe Os Casais e no CEIP Plurilingüe O Ramo. Ata alí acudía a edil de área, Ana Novo, para asistir a sendas plantacións por parte do alumnado dos coles.

No primeiro caso, nenos e nenas plantaban unha moreira blanca, xa que dá unha follas moi apreciadas polos gusanos de seda que, segundo comentaron, habitan na zona. No segundo caso, optaban por unha cerdeira, unha árbore frutal moi vistosa cando florece.

A actividade repetirase este mércores, 27 de marzo, no parque de Sillobre . Alí, os estudantes do CEIP Plurilingüe Centieiras plantarán unha lagerstroemia, máis coñecida como árbore de xúpiter, e no parque lineal do Cádavo, o alumnado do Jorge Juan plantarán dous ameneiros, nas inmediacións do río. O venres realizarase a última. Os encargados serán os alumnos do CPI A Xunqueira, que plantarán no centro un bidueiro e unha enkianthus –unha magnolia de flor blanca-.

Institucional

Publica o teu comentario agora