Unha morte que deixa o cine mudo de novo

Unha morte que deixa o cine mudo de novo

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O doutor Zhivago e Lawrence de Arabia, entroutros mitos da historia do cine, débenlle moito das súas conquistas ao perfecto marco musical que saía do xenio compositivo de Maurice Jarre. O gañador de tres Oscar e autor dalgunhas das melodías máis memorables chegadas dende Hollywood, finou nesta xornada á idade de 84 anos, vítima dun cancro. O músico, de orix

Maurice Jarre foi o compositor de cabeceira para outro talento egrexio, o do realizador David Lean, con quen formou un dúo maxestuoso para os álbumes do sétimo arte. Mais o músico tamén deixou partituras para moitos outros creadores, dende a súa estrea no cine coa curtametraxe “Hotel des invalides” en 1952. Entre o máis sobranceiro da súa obra fican as bandas sonoras de “Arde París?”, “A caída dos deuses”, “Gorilas na néboa”, “Ghost”, “A filla de Ryan” ou “Pasaxe á India”, pola que gañaría outra estatuíña na meca do cine.

Cultura