Unha moza morre en accidente na autovía Ferrol Vilalba

Unha moza morre en accidente na autovía Ferrol Vilalba

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha moza faleceu esta tarde a consecuencia dun accidente ocorrido na autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64 ao seu paso por San Sadurniño, segundo indicaron fontes da Garda Civil de Tráfico. A vítima, V.C.V, de 29 anos e veciña de Lugo, conducía o seu vehículo, matrícula 9960 CKN, en dirección a Ferrol cando sufriu unha saída de vía, concretamente no punto quilométrico 14 do citado viario, ás 18.20 horas.

A Benemérita non adiantou ningunha hipótese arredor das posibeis causas do sinistro.

Sociedade