Unha noite máis tranquila do esperado

Unha noite máis tranquila do esperado

14 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os bombeiros de Ferrol realizaron arredor de 20 saidas concentradas entre as oito da tarde e ás dez da noite, as duas horas nas que máis arreciou o vento e a choiva. Caidas de árbores e inundacións nas calzadas e en baixos comerciais foron os motivos das chamadas. En Ferrol as inundacións rexistráronse en varios puntos da avenida do Mar de Caranza, o polígono da Gándara, o Cantón de Molíns e a rúa Magdalena. Unha árbore caeulle enriba a un coche na zona das Telleiras, nas inmediacións da delegación de Facenda. Dende as dez da noite a situación normalizouse. En Fene unicamente se rexistraron caidas de arbores e polas en vias secundarias, algún contedor movido e o desprazamento dalgun panel de obras, segundo informa a Policia municipal.

Sociedade