Unha nova esmorga con Blanco Amor

Unha nova esmorga con Blanco Amor
10 de Agosto, 2020 - 12:29 h. | Publicada por Radio Fene

A Esmorga vén de cumprir 50 anos dende a súa publicación en Galicia. Para conmemoralo, Editorial Galaxia publica unha reedición da mesma que incorpora a obra do ilustrador Diego Estebo.

ESCOITA O PODCAST:
Diego Estebo posa amosando a reedición da Esmorga

“Trato de engadir outro nivel de lectura, non darlle todo mascado ao lector” sinala Estebo. Para o ilustrador foi todo un reto e unha honra poder colaborar nesta nova edición que da inicio á Colección Xohán Ledo.

Diego Estebo conta agora mesmo con máis proxectos entre mans. Dentro da súa obra plástica, asinada como Tebo, participará nun festival en setembro organizado por Contorno Urbano en Cataluña. Non deixa de lado a súa faceta de ilustrador e o resto do mes estará traballando nun novo libro.

A Esmorga, unha obra de referencia na literatura galega contemporánea, agora ilustrada por Diego Estebo.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora