ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Semente Trasancos é un proxecto de espazo educativo alternativo para a rapazada de dous a seis anos, vertebrado ao redor do uso da lingua galega. A súa base pedagóxica é libre e alternativa e supón un maior contacto coa natureza, así como unha especial estimulación e motivación cara os nenos, cun plantexamento educativo máis conversacional”. Abrirá o primeiro de outubro en San Mateo, en Narón, na antiga escola unitaria
“Os nosos principios son coeducación, laicidade, asemblearismo e sobre todo de respeto mutuo entre as persoas adultas e as crianzas. O respeto pola integridade e o ritmos de cada cativo é fundamental e as persoas adultas que os acompañan cren no proxecto e traballan porque saia adiante, iso é fundamental para nós. Co pensamento creativo as nenas e nenos observan as situacións e os problemas desde todos os ángulos posíbeis e dan resposta para solventar diferentes cuestións e sobre todo, é un espazo de inmersión lingüística en galego, algo que a día de hoxe non é posíbel se non é nas Sementes, ogallá mude, pero hoxe é así. Para nós a língua é fundamental.” afirma a presidenta de Semente Trasancos Iria García.