Unha novela especialmente innovadora

Unha novela especialmente innovadora
30 de Decembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Olivia e Mariña contannos como se coñeceron , as circunstancias que afectaron á súa relación e como se botan de menos. A xente nova moitas veces ten que buscar o seu destino lonxe do fogar. Sica Romero entra no sistema literario galega cunha sorprendente novela cunha editorial que se presenta Avelaíñas Eléctricas con Néspera Editora. Falamos deste libro en Radio Fene Radiofusión con Antonio Tizón, Ana Varela, Henrique Sanfiz e Sica Romero. “Para a editora e para mín a parte visual deste libro foi moi importante” indica a escritora dun libro con moita oralidade. Olivia usa a gheada e o seseo, pero o volume emprega formas dialectais que obrigaron a un especial coidado na corrección.  A novela inclue a representación da bisexualidade pero dun xeito natural.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Estrutura fragmentaria e variedade de persoas narradoras nunha novela especialmente innovadora e experimental. Cando fala Olivia, o capítulo empeza cuns versos de Rosalía. Mariña xa fala en galego normativo. Sica Romero xoga co tempo, crea paralelismos entre os personaxes e fala de sentimentos, emocións e comportamentos. “Eu quería poñerlle o título do Rapto, aludindo á escultura de Bernini, pero xa hai moitos raptos. Escollemos avelaíñas, animais simbólicos porque representan a certas sensacións que non acabas de entender” indica a autora.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora