Unha novela feita na India

Unha novela feita na India
05 de Abril, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Óscar volve ao seu pobo natal tras anos de ausencia. A novela Extraordinario de Antón Lopo comeza así unha trama narrativa que camiña entre o pasado e o presente. Relación de agarimo coa irmá, á que axuda a coidar a nai, internada nun hospital. Máis tensión cun irmán e coa súa cuñada. A cerna da novela quedou lista en 40 dias que pasou na India.

ESCOITA O PODCAST:
Antón Lopo en Radiofusión

Extraordinario, de Antón Lopo, unha novela publicada por Galaxia, que atrapa á persoa lectoral desde as primeiras páxinas. Recomendada nestes tempos de confinamento. Un libro  sobre as relacións familiares e o amor, a liberdade e o pracer. Premio narrativa breve Repsol 2018 e premio da narrativa en galego da Asociación Española de Críticos Literarios 2019.

 

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora