Unha obra xenial e complexa

Unha obra xenial e complexa
07 de Agosto, 2019 - 09:26 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de Castro é unha escritora sumamente complexa segundo Carvalho Calero. Ademais vive en medio da tensión que a superposición de dúas culturas produce na nosa terra. E iso fai que en Rosalia, haxa aspectos complicados, que nalgúns casos poden considerarse contraditorios.

Anxos García Fonte e Carlos Sardiña en Padrón

Rosalía ten unha concepción pesimista mais intrepidamente estoica da vida. Hai na súa obra unha preocupación evidente pola xente do agro. É unha poetisa que, precisamente enraizada na súa realidade, ten que conceder unha parte importante da súa obra á expresión da vida agrícola do seu país.  Rosalía, substancialmente, asume a galeguidade como base da súa concepción do mundo e da arte. A de Rosalía é unha obra xenial, para Carvalho Calero, segundo se recolle no libro de Fernán Vello e Pillado Mayor “Conversas en Compostela con Carvalho Calero”.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora