Unha oliveira nova

Unha oliveira nova
20 de Marzo, 2024 - 03:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene sumouse esta mañá á conmemoración do Día da Árbore. Fíxoo coa plantación dunha oliveira no parque do Cádavo. Plantárona o alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez

ESCOITA O PODCAST:

Unha oliveira que simboliza a paz, lembrando o sufrimento en Gaza, bota raíces en Fene desde este 20 de marzo, Día da Árbore. A marxe do acto institucional, tamén conmemoraron a data o alumnado do colexio dos Casais, en Maniños, e a asociación veciñal de Limodre que pediu a colaboración do Concello para que lles facilitara algunhas árbores. Son fundamentais para a vida no Planeta. A concelleira de Medio Ambiente destaca que as árbores de Fene gozan de boa saúde. 

Institucional

Publica o teu comentario agora