Unha oportunidade para autores noveis

Unha oportunidade para autores noveis

18 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro 30 de setembro remata o prazo de presentación de orixinais a esta nova edición do Premio Xosé María Pérez Parallé convocado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene, e a editorial "Espiral Maior. O premio convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro indiv

O xurado estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.

Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. É res­ponsabilidade do xurado do premio determinar se algún dos traballos presentados posúe ou non as características para ser considerado “libro”. Porén, recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na Colección de Poesía Espiral Maior no máis breve prazo posíbel. Terá tamén unha gratificación económica de 1000 € (suxeitos ás retencións impositivas que marca a lei) e, como símbolo do premio, entregarase á persoa gañadora unha escultura obra de Francisco Pérez Porto, artista plástico, fillo de Xosemaría Pérez Parallé.

Sociedade