Unha oportunidade para a mocidade

O obradoiro de emprego é de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”.
13 de Setembro, 2019 - 01:53 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene pon en marcha este mes o obradoiro de emprego “Inicia IV” Formará a 16 alumnos de 18 a 30 anos de Fene, Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, que terán contrato para a formación e aprendizaxe os 6 meses. Hoxe faise a selección dos alumnos traballadores e a vindeira semana terá lugar a do persoal directivo e docente que impartirá a formación.

O Concello de Fene pon en marcha este mes o obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil “INICIA IV”. Faino en conxunto con Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, pois esta iniciativa formará a 16 alumnos e alumnas destes concellos (7 de Fene, 3 de Ares, 3 de Mugardos, 2 de Neda e 1 de Cabanas). Hoxe mesmo ten lugar a selección dos alumnos traballadores participantes no obradoiro de emprego de “Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial”.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido á mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Conta co apoio da Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. A duración do proxecto é de seis meses e, durante o mesmo, o alumnado estará contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación e aprendizaxe, polo que recibirán as retribucións correspondentes.

A vindeira semana terá lugar o proceso de selección (a preselección faina a oficina de emprego) do persoal directivo e docente que impartirá a formación.

Institucional

Publica o teu comentario agora