Unha patraña para engañar á sociedade, segundo a CIG

Unha patraña para engañar á sociedade, segundo a CIG

24 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha patraña, unha burda e pueril excusa para tentar engañar á sociedade”. Así cualifica o secretario de organización da CIG de Ferrolterra, Francisco Cartelle, as declaracións da Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, sobre a sentenza que condenaba á Directora Xeral de Colocación da Xunta. O PP, achaca o caso a unha confusión de nomes por parte do xuíz e sinala que foi a nai de Ana María Díaz quen despediu de x

Francisco Cartelle, sinala que a postura que adopta o Partido Popular non é máis que unha excusa de parvulario. O sindicato conta con testemuñas que viron como o alto cargo da Xunta admitía que foi ela quen despediu á empregada. De feito, non recurriu no seu día,” porque sabe que é culpable”, afirma o sindicalista.

Dende a Confederación Intersindical Galega, demandan que Díaz asuma as súas responsabilidades e que dimita. Aseguran que non hai ningún tipo de confusión. “Na sentenza aparecía claramente o nome e os apelidos da demandada” indicou Cartelle, para quen poñer en dúbida iso, supón, un insulto para o xuíz e para toda a xudicatura.

O sindicato subliña que existe duplicidade de relacións laboráis -como empregada do fogar e como auxiliar de cociña- aínda que a condena é polo traballo que desempeñaba no restaurante familiar. Agora quedan pendentes dúas sentenzas máis por demandas nas que tamén está implicada a Directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, afirman dende a central nacionalista.

Institucional