Unha película en negro e vermello

O filme portugués Vilalina Varela proxéctase nos Duplex Cinema
20 de Outubro, 2020 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

Vitalina Varela proxéctase nos Duplex Cinema de Ferrol, na función das 17h.

Para quen perdera o medo a volver ao cine con todas as medidas de seguridade vai esta proposta dos Duplex Cinema de Ferrol. Na carteleira destaca con luz propia o filme do portugués Pedro Costa, acompañado no guión da protagonista desta historia que da título ao filme, Vitalina Varela, unha muller de 55 anos, de Cabo Verde que chega a Lisboa tres dias despois do funeral do seu home. Vitalina Varela está construída a partir da palabra da súa protagonista. Costa atopouse con Vitalina durante a realización dunha película anterior Cabalo diñeiro (2014), onde xa aparecía chorando a morte do seu home Joaquim, pero esta vez a película é para ela.

Pedro Costa filmou a película cun equipo reducido de tres persoas, o director de fotografía Leonardo Simões, o sonidista João Gazua e el mesmo, para poder centrarse no traballo cos actores non profesionais. Entre todos pensan os sons, as imaxes, os xestos e a luz con que desenvolver a historia, pero esta xorde do intenso diálogo que manteñen en todo momento Vitalina e Costa, para que sexa ela quen dea desde as súas vivencias o argumento ao que darán forma.

Vitalina Varela é ficción pero elabórase coa materia do real. Como reais son as casas da película: o ruinosas catro paredes na favela de Fontainhas (Lisboa) en que vivía Joaquim e á que chega Vitalina, e a casa en Cabo Verde onde el abandonou á súa muller e os seus dous fillos. A miseria da migración ata extremos impensables amósase aquí para que miremos o que pasa. O ambiente recreado por Costa axuda a outorgar á historia de Vitalina o realismo preciso.

Avalada polos premios: Festival de Locarno: Leopardo de Oro - Mellor película, Mellor actriz (Varela); Festival de Cine de Mar del Plata: Mellor director (ex aequo) e actor (Ventura); Festival de Gijón: Mellor película e mellor fotografía.

 

(Imaxe promocional da película)

Cultura

Publica o teu comentario agora