Unha película que nunca pensamos ver

Unha película que nunca pensamos ver
31 de Marzo, 2020 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Mugardos recoñece que a poboación está facendo un enorme sacrificio e lembrase especialmente dos nenos e dos veciños de máis idade.

ESCOITA O PODCAST:

“Xa faremos unas boas festas en Mugardos para celebrar que pasou todo” É a maneira que ten o alcalde Mugardos de compensar á veciñanza do seu necesario e obrigado confinamento. Juan Domingo de Deus reitera que hai que pecharse na casa porque “o bicho non vai entrar”. Tras esa primeira recomendación, o alcalde mugardés está empeñado estes días na desinfección das rúas facendo fincapé naqueles espazos máis concurridos. O concello contratou unha empresa especializada para ese cometido.

Recoñece o mandatario mugardés o sacrificio que está facendo a poboación, especialmente os máis pequeños e os maiores. “Non sei que pasará cando os soltemos” bromea Juan Domingo de Deus, convencido de que ese día vai chegar. O novo decreto do goberno central afectou a aqueles servizos municipais que, non sendo prioritarios, houbo que parar. A policía local xunto cos Servizos Sociais son os departamentos que máis protagonismo teñen neste momento de crise. A policía municipal, ademáis do seu labor de vixianza para garantir que se respectan os desprazamentos, adícase a localizar a aquelas persoas máis vulnerables neste momento, para que non teñan problemas e cubrirlles as súas necesidades. Desde os Servizos sociais tramitanse tamén os vales alternativos aos comedores escolares.

En fín, que ata os funcionarios que fan teletraballo colaboran desde a casa en que a administración local non se pare. Mugardos é un dos concellos da comarca onde hai casos de persoas infectadas polo coronavirus. Un sanitario, dos primeiros afectados na comarca, é de Mugardos. Por razón confidenciais o alcalde nos nos da máis datos pero deixa entrever que hai algún outro afectado na localidade. “Isto é unha película que nunca pensamos ver” conclúe Juan Domingo de Deus.

Institucional

Publica o teu comentario agora