Unha pista moi utilizada

Rematadas e recepcionadas as obras de reforma da pista polideportiva de San Valentín (Fene).
14 de Xuño, 2019 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello conclúe as obras de reforma da pista deportiva de San Valentín. Destinou á obra máis de 70.000 euros tras verse obrigado a sumar 14.000 euros ao investimento inicial para completar o aglomerado da superficie.

O Concello de Fene vén de recepcionar as obras de reforma da pista deportiva de San Valentín. Unha intervención adxudicada en 56.579,60 euros pero que requeriu finalmente máis de 70.000, despois de que a Administración local se vise obrigada a destinar outros 14.000 euros para corrixir defectos no proxecto aprobado polo anterior goberno. O documento tan só contemplaba o aglomerado dunha parte da pista. As instalacións sitúanse xunto ao pavillón de San Valentín, na Avenida do Mar. Trátase dunha pista moi utilizada pola veciñanza que precisaba dunha intervención urxente dado o seu avanzado estado de deterioro.Os últimos traballos de reparación databan de 2011.

Así, a intervención aprobada polo anterior executivo contemplaba desprazar a pista para facilitar a dotación posterior das redes de saneamento, a renovación do peche perimetral e a renovación do firme, pero tan só dunha pequena parte (a zona que se retranqueaba). Deste xeito, a superficie quedaba dividida en dúas partes: unha aglomerada e outra sen aglomerar. Á vista desta situación, o Concello encargou unha memoria valorada para realizar a pavimentación de toda a superficie. Traballos requeriron de 14.000 euros que o Concello asumiu con fondos propios.

Institucional

Publica o teu comentario agora