Unha placa lembra a memoria de Francisco Allegue

Unha placa lembra a memoria de Francisco Allegue

28 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro domingo cumpriránse 6 anos da morte de Francisco Allegue, tenente de alcalde do Concello de Fene e sindicalista defensor de Astano nos momentos críticos da reconversión naval. Unha placa lembra a súa memoria e o seu traballo solidario no parque Castelao de Fene (A Coruña).

Francisco Allegue Tenreiro “Pancho” morreu de xeito repentino, victima dun infarto de miocardio, no seu domicilio o 4 de setembro de 2005. Os seus 46 anos foron un exemplo de compromiso coa sociedade que lle tocou vivir, pero especialmente cos máis desfavorecidos, coas victimas das inxustizas.

Sociedade