Unha policia e o ladrón, mortos tras un tiroteo en Vigo

Unha policia e o ladrón, mortos tras un tiroteo en Vigo

28 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Un atracador e unha axente de policia faleceron nun tiroteo despois dun asalto a unha sucursal de Abanca no barrio de Calvario, en Vigo. O asaltante faleceu no acto ferido de bala e a muller foi trasladada en ambulancia ao hospital Meixoeiro, onde non puideron facer nada por salvarlle a vida. A axente recibira un impacto de bala no peito á altura do corazón, polo que quedou tendida sobre a beirarrúa. Tratase de V.L.C. de 36 anos. Outro policia tamén recibiu seis impactos de

O atraco produciuse na sucursal da rúa Doutor Carracido sobre as 14.15 horas. Unha patrulla de policía trasladouse até o lugar despois de que soase a alarma. Ao chegar ao lugar topáronse de fronte cos asaltantes, que serían polo menos dúas persoas. Nese momento produciuse un tiroteo en plena rúa, a un dez metros da porta principal da sucursal.

Os atracadores levaban na súa fuxida a unha refén, unha empregada da entidade bancaria que resultou ferida no enfrontamento. Supostamente a muller recibiu o impacto dunha esquirla dunha bala nun dos seus brazos. A empregada da entidade foi trasladada ao hospital de Povisa.

No enfrontamento tamén resultou ferido outro axente de policía que recibiría, segundo as primeiras informacións, até cinco feridas de bala. O home, que responde as iniciais V.A., foi evacuado ao hospital Xeral de Vigo nunha ambulancia medicalizada. Tanto el como a súa compañeira falecida pertencen á coñecida como UPR, Unidade de Protección e Resposta da Comisaría da Policía Nacional de Vigo.

Até o momento as informacións apuntan a que un dos asaltantes, que podería ser unha muller, logrou fuxir do lugar. Arredor das cinco da tarde, a Policia informou da súa detención.

Sociedade