Unha ponte no tempo reune en Beiramar a xente miuda e maior

Unha ponte no tempo reune en Beiramar a xente miuda e maior

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Mugardos organiza unha xuntanza interxeneracional  “Unha Ponte no Tempo” no parque de Beiramar este sábado día 13 de xuño. Pretenden favorecer a cohesión social entre as distintas xeneracións e a participación das persoas maiores. 

É o segundo ano que se fai “Unha ponte no tempo” esta  xuntanza interexenacional de xogos tradicionais. Invitan a participar o toda a venciñanza de Mugardos. Para asistir á xuntanza porán un servicio de autobuses que sae do Concello de Mugardos as 11:30 horas e traerá á xente de regreso as 21:30 horas.

Ademais dos xogos,  para xantar repartirase empanada e bolas e pola tarde actua o grupo de teatro de Mugardos, actuación do teatro da sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo, actuacións da escola de Música do Concello de Mugardos, e para rematar dará un concerto, “Estimaba que viñeras”.

Nesta actividade colabora a Deputación da Coruña, a SCDR Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o alumnado e mestres das Escolas Culturais e Deportivas do Concello de Mugardos. 

 

Sociedade