Unha porta ben gardada

Unha porta ben gardada
21 de Novembro, 2019 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

A veciña de San Valentín Lucía Paz desempeñou un bo papel como porteira da selección española de fútbol sala feminino Sub19. O combinado español venceu 3-1 a Portugal en encontro xogado onte á noite na localidade de Ondara en Alicante. España rendibilizou as súas chegadas e ocasións, á vez que mantivo baixo control ao seu rival, grazas en gran medida ás boas intervencións de Lucía Paz

Lucía Paz coa selección española de fútbol sala feminino sub-19

Traballando podes chegar a onde queiras, dicía Lucía Paz no pasado mes de xuño en Radio Fene.Ademais da porteira da Fervenza, tamén xogou coa selección española de fútbol sala feminino sub 19, Cristina Lourés, de Narón, xogadora do Pescados Rubén Burela.

Deportes

Publica o teu comentario agora