ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ata 11 fotografias do señorial Pazo de Barallobre recóllense na publicación que sobre a histórica edificación está á venda na Liga de Amigos desta parroquia de Fene. O Pazo derrubouse en 1979 pero permaneceu na memoria cidadán moi arraigado. A casa dos señores co escudo da familia, a dos caseiros, a capela do Bon Xesús e uns xardíns cheos de arbores froiteiras e exóticas procedentes dos cinco continentes compoñí
A publicación recolle o expediente militar do brigadier Antonio Moscoso Vázquez (un dos señores do Pazo) que dirixiu a fábrica de pólvora de Murcia e a de fundición de Sevilla. Foi xefe de escola do Departamento de Artilería de Valencia e recibiu condecoración pola súa participación na batalla de Pontesampaio en xuño de 1809.Tamén merece un amplo repaso na publicación, a vida de Antonio Jaspe Moscoso (1856- 1887) pintor romántico que retratou a Farruco de Montrove, gaiteiro de sona na comarca das Mariñas, co que se converteu no primeiro artista que realiza a reprodución pictórica dun gaiteiro. Considerase un feito histórico de dignificación da música popular galega. Jaspe precedeu á denominada "xeración doente", pintores que reivindicaban o romanticismo, retrataban escenas cotiáns e apreciaban as romerías e festas populares. O Pazo de Barallobre construiuse en 1591 nunha época de auxe económico na comarca de Ferrol. Durante trescentos anos pertenceu en mans da mesma familia.