Unha semana de boicot ao plástico

Unha semana de boicot ao plástico
04 de Xuño, 2019 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

O plástico está presente en caseque todo o que nos rodea; Comida, coitelas de afeitar, palliñas, pratos, vasos. As propiedades e o baixo custo deste material favoreceron a súa expansión no últimos cincuenta anos. Tanto, que o plástico xa forma parte da nosa alimentación: logrou entrar na nosa cadea trófica pola contaminación dos mares. A proliferación deste material é evidente nos supermercados, donde gran parte dos alimentos están envasados.

Froitería O Rincón. A tenda de Loli en Fene

Para concienciar ás cadeas de supermercados, diversas organizacións,entidades propoñen cambiar os nosos hábitos e empezar o camiño cara unha vida sen residuos.  A iniciativa desenvolvese baixo o hastag de twitter #boicotaoplasticoxuño2019. Consiste en evitar a compra de produtos envasados durante esta semana. Dirixirse preferentemente ao comercio de proximidade. Recomendan mercar a granel, levar tuppes para gardar a carne ou o embutido e bolsas reutilizabeis para as verduras ou legumes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora