Unha tradución dun clásico da literatura e dunha obra científica galardoadas co Premio Plácido Castro 2009

Unha tradución dun clásico da literatura e dunha obra científica galardoadas co Premio Plácido Castro 2009

15 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Emilio Valadé del Río, polo seu traballo ‘A evolución humana’ de Antonio Bracinha Vieira e Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo por ‘Lord Jim’ de Joseph Conrad son os galardoados co Premio de Tradución PLácido Castro do 2009. O obxectivo deste recoñecemento é subliñar a calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na s&uac

A tradución do clásico da literatura universal ‘Lord Jim’ levada a cabo por Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo destacou entre o xurado por ser unha adaptación coidadísima. Un traballo complexo, explicou en Radiofusión unha das premiadas, Susana Collazo, ao tratarse dunha obra con moitas descripcións e unha linguaxe moi densa. O máis complicado foi deducir quen era o narrador da historia. Non en balde Joseph Conrad foi tachado de autor “complicado”. Para as tres tradutoras resultou unha experiencia moi positiva e enriquecedora que vén recompensada con este premio. Collazo declarou que supón unha honra dada a calidade das obras presentadas e polo prestixio deste premio, único en Galicia.

Para o outro premiado, Emilio Valadé, resultou toda unha sorpresa acadar este galardón e manifestou que aínda non é moi consciente deste feito. O xurado valorou a súa tradución ao tratarse dunha obra científica co que se fai fincapé na necesidade da planificación da tradución sistemática dun corpus científico universal. Valadé indicou que sería viable a través de libros de pensamento e non mediante libros de texto que quedan obsoletos deseguido.

Tanto Collazo como Valadé destacaron a importancia da Biblioteca Virtual Bivir que publica regularmente as traducións na súa páxina web.. Segundo o traductor da Evolución humana diferenciánse nela dous corpus, os dos tradutores e dos que deciden qué obras merecen ser adaptadas á lingua galega. Pola súa banda Susana Collazo cualificouno de gran proxecto xa que saca á luz as traducións antes da publicación dos libros.

Premiado por unha tradución científica, valadé subliñou que neste campo a tradución pasa por un mal momento. Non así na tradución da obra literaria. “Non estamos nun mundo moi culto onde se demanden obras de pensamento polo público xeral. Só se traducen os libros de texto para os estudantes”, explicou.

Pola súa banda, Collazo reivindica para o seu gremio máis estabilidade laboral, un recoñecemento do seu traballo e unha seguridade económica para poder desenvolver coidadamente un proxecto. Ademais destacou o mal momento que atravesa o eido da tradución en Galicia coa aprobación do decreto do plurilingüismo e o recurte das axudas á tradución. Afirmou que se atopan ante panorama desalentador no que descoñecen as verdadeiras intencións da Xunta de Galicia con respecto ao galego. “a Xunta non está a promover a nosa cultura e este decreto supón un retroceso neste senso”, declarou. Cando se fala do decreto se esquece o traballo dos tradutores, apuntou Collado, quen cualificou á Xunta de censuradora. “Non se pode prohibir a un galegofalante impartir as súas asignaturas en galego. Paréceme demencial. O lóxico sería dar a opción de elexir tanto ao profesorado como ao alumnado a lingua que queren empregar”, argumentou.

Cultura